Restricións ao tráfico en Viveiro polas Festas da Pescadería

Con motivo da celebración das Festas do Carme da Pescadería en Viveiro, á última hora da tarde do venres xa se colocaron dous semáforos no cruce que une a Avenida Benito Galcerán coa Rúa Rego das Frores, habilitando dobre sentido de circulación dende o día de hoxe ata o vindeiro luns.

Así mesmo, establecerase unha restrición do tráfico rodado pola Avenida de Cervantes o sábado 20 e domingo 21, en función das necesidades operativas para a montaxe dos escenarios, entre as 13:00 e 14:00 horas, aproximadamente, permanecendo o corte ata a finalización da verbena.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.

Etiquetas