A piscina cervense de Río Cobo abre este martes, día 23 de xullo

A piscina de Río Cobo, en Cervo, abrirá este martes, 23 de xullo. As instalacións permanecerán dispoñibles para as persoas usuarias ata mediados de setembro, de martes a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
O rexedor cervense, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, supervisaron os traballos de acondicionamento que se están a realizar estes días.

Etiquetas