Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela pon á venda as entradas para ver o novo espectáculo de Touriñán e Carlos Blanco

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

Xa están á venta as entradas para acudir á nova comedia de Carlos Blanco e Touriñán, que estará en Burela os días 30 e 31 de agosto, e que será a única representación en toda a provincia de Unha noite na praia.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “xa está á venda as entradas para o espectáculo de Carlos Blanco e Touriñán que estará en Burela os días 30 e 31 de agosto. Hai previstas dúas funcións, pero segundo como vaia a entrada, ao mellor hai unha terceira, o venres. Agardamos que naide se quede sen poder vela porque só teñen programadas seis funcións máis de Unha noite na praia”. 
O edil socialista lembrou que “é o segundo espectáculo que fan xuntos despois de Somos criminais, que tamén tivemos a sorte de ter en Burela. Agora este, polo que contan as críticas, é excelente, con estes grandes actores e cómicos que temos en Galicia”.
Díaz subliñou que “só quedan seis funcións máis previstas para Galicia e unha delas é en Burela que é a única na provincia de Lugo, de feito imaxino que é posible que veña xente non só da Mariña senón doutras zonas de Lugo porque só está programado este espectáculo na provincia. Para nós é unha satisfacción que teñan decidido facelo aquí e a verdade é que a resposta é sempre boa”.
O concelleiro de Cultura engadiu que “dáse a peculiaridade de que coincide coa Feira do Libro de Burela, co que é bo para os dous eventos. A feira vai ser os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro e as representacións os días 30 e 31 de agosto, no auditorio, ás nove da noite, con entradas á venda en lataquilla.com, sen numerar. A empresa vai ceder seis entradas, para sortear entre os clientes da feira do libro”.