Skip to main content
ActualidadeViveiro

Viveiro organiza unha campada multiidioma para xente nova

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

Os nenos e mozos que se apunten ao Weekend Camp ou campada de fin de semana que organiza o Concello de Viveiro poderán desfrutar de actividades como o surf e outras ao aire libre, ao tempo que aprenden ou practican idiomas, non só as linguas nativas, senón tamén o inglés.
A actividade terá lugar do 16 ao 18 de agosto e está pensada para que participen cativos de catro a doce anos de idade. Para obter máis información, os interesados poden consultar chamando ao 654.20.83.33