Viveiro potencia o deporte cun campionato urbán de básket

A cidade do Landro avanza cara a décimo cuarta edición do campionato urbán de baloncesto, o Urban Basket Viveiro, tanto na modalidade feminina coma na masculina, que se disputará os días 3 e 4 de agosto.

Para inscribirse, hai que chamar ao 666.03.01.19. O custe da inscripción será de 12 euros por xogador.

Os participantes poderán obter un primeiro e un segundo premio en metálico. Concretamente o primeiro premio do 3×3 masculino está dotado con 600 euros e o segundo, con 300 euros e son as mesmas contías para os premios da categoría feminina. Repartirán tamén numeroso agasallos xa que son moitos os patrocinadores do evento, promovido por Galipizza e apoiado pola Fundación Deporte Galego, pola Xunta de Galicia, polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e polo Concello.

Etiquetas