Cursos de natación na piscina da Pontenova

A piscina municipal da Pontenova acolle este verán varios cursos de natación que comezan ás 13 horas para os nenos e as 20 horas para os adultos. Custan 30 euros para toda a tempada ou oito euros por semana.

Hai dúas sesións semanais que xa comezaron e que continúan o 25 e o 30 de xullo, así como tamén os días 1, 6, 8, 13 e 15 de agosto.

Os nenos poden ir a clases de perfeccionamento de 12 a 12.45 horas e ás de iniciación de 13 a 13.45 horas, namentres que os adultos poden ir de 20 a 20.45. Os interesados en acodir poden chamar ao Concello ou a monitores como Antonio García no teléfono 678.72.80.15.

Etiquetas