Elixidos dez finalistas para participar no certame de pintura mural Amarte

Elixidos os dez finalistas que participarán no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019, que organiza o Concello de Burela, e que se celebrará no 1 ao 4 de agosto no porto. 

Entre eses dez artistas figuran os locais Otto Tretto, de Viveiro; Hipólito Xeada, de Xove; Adriana Pardo, de Burela; David Fernández Rodil DaviXino, de Burela; e David Catá, de Viveiro. Os outros cinco artistas seleccionados son: Eneko Azpiroz, de Navarra; Moisés Vargas e Tim Bergmeier, de Salamanca; Delio Rodríguez Sés, de Vigo; Marcos Lamas Bestilleiro, de A Coruña; e Marcos Pereira, de Lugo. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou que “é a terceira edición de Amarte, empezamos en 2017 e o ano pasado o consolidamos. Agora é o momento de seguir adiante. É certo que o muro portuario nos dá marxe para facelo eternamente, pero aínda temos sitio para facelo por tres edicións máis. Despois haberá que buscar outra ubicación e poder dárlle continuidade. Tanto a veciños como a turistas gústalles ver o muro e queríamos dar personalidade a esa zona cunha temática adicada ao mar”,

O edil socialista explicou que “para esta edición mandaron 28 propostas en total, de moitos puntos de España, sobre todo de Galicia, pero tamén de Barcelona, de Navarra, de Madrid e ámbalas dúas castelas”.

Díaz anunciou que “os dez finalistas que escolleu o xurado para participar, cinco son da zona da Mariña que competirán polo premio ao mellor artista local, entre outros, e eses artistas locais son Hipólito Xeada, de Xove, que repite e que o ano pasado alzóuse co premio ao mellor artista local. Adriana Pardo, de Burela, David Catá, de Viveiro, que en 2017 levou o segundo premio; Otto Tretto, pintor cubano afincado en Viveiro e David Fernández Rodil, máis coñecido por DaviXino, de Burela e que estivo en 2017. Dos de fóra háinos que repiten: Eneko Azpiroz, de Navarra, Delio Rodríguez Sés, de Vigo e Marcos Pereira, de Lugo”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “vai ser moi entretido velos pintar, ademais en paralelo á Feria do Bonito. Desde o 1 de agosto, que é cando convocamos aos artistas no muro portuario ás doce da mañá, ata que terminen de pintar o domingo, día 4, á mañá.  Ademáis o muro cada vez se achega máis á área do porto e da feira.  Agardamo unha festa non só de gastronomía, senón tamén de arte”.

 

Etiquetas