Skip to main content
ActualidadeRibadeo

As xornadas de historia local abordarán en Ribadeo a lingua da comarca

Por 26 Xullo, 2019Sin comentarios

A Casa do Mar de Ribadeo acolle os días 26 e 27 de xullo as décimo quintas xornadas de historia local tituladas este ano ‘Comarca do Eo, unha historia común’, organizadas pola asociación cultural Francisco Lanza e polo Concello de Ribadeo.
O mércores 26, ás 20.30 horas, o presidente da asociación cultural de San Tirso del Eo, Ángel Prieto, falará sobre a cultura como valor económico na comarca do Eo. Actuará despois  o grupo Toyemerendas.
O xoves 27, tamén na Casa do Mar de Ribadeo e tamén ás 20.30 horas, Enrique González ou Quique de Roxíos, poeta e activista cultural e Héctor Acebo, poeta e xornalista, falarán sobre a comarca como se tivera unha soa lingua.