Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello admite que sabía da praga de vermes no casco vello de Viveiro

Por 26 Xullo, 2019Sin comentarios

Con respecto á praga de gusanos detectada no casco histórico de Viveiro, dende o Concello admiten que xa eran coñecedores da situación dende hai días e estivéronse a facer as xestións necesarias para poñerlle solución; de feito, tal e como se comunicou en días pasados aos veciños afectados, a empresa contratada polo concello para eliminar esta plaga virá realizar estas tarefas o vindeiro luns, día 29.
Ante as declaracións que acusan ao Concello de facer caso omiso ante esta situación, cómpre aclarar, segundo a alcaldía, que en ningún momento houbo deixadez; por parte dos técnicos falouse cos veciños en diversas ocasións, aconsellándoos e explicándolles os trámites realizados; púxose esta situación en coñecemento de Sanidade e, tendo en conta que non foi posible determinar o foco nin o tipo de gusano, o Concello asumiu os labores de exterminación.
Ante as declaracións do grupo municipal do PP anunciando que van presentar un rogo para ser tratado no vindeiro pleno, solicitando que se adopten medidas ao respecto, a alcaldía considera que ante unha situación deste tipo o que debe facerse en primeiro lugar é falar co equipo de goberno e non presentar un rogo para ser tratado nun pleno posterior. Neste caso o Concello xa era coñecedor da situación e xa se adoptaran as medidas, pero ante un caso deste tipo o máis importante é avisar canto antes e non agardar para obter resposta nun pleno, sosteñen.