Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

Os vikingos toman esta fin de semana O Vicedo

Por 26 Xullo, 2019Sin comentarios
Esta fin de semana celébrase a cuarta Romaxa Viquinga do Vicedo no propio núcleo e na praia de Area Grande en San Román. Nesta contorna atópase o asentamento de Os Moutillós, onde as prospeccións arqueolóxicas atoparon restos de sílex de orixe nórdica ademáis de datacións con carbono 14 dun fogar medieval. Este achádego motiva a posta en marcha desta recreación histórica.
Esta celebración diferénciase doutras pola importancia da contorna natural na que se encrava (completamente salvaxe e paradisíaca) e pola súa potente carga cultural.
Asisten e toman parte nas actividades xunto cos cabaleiros da Asociación Cabalar Rías Altas do Vicedo, membros de Lakes Vikings de Irlanda do Norte, unha asociación que participa na rodaxe da famosa serie ‘Vikings’ (Paul Kavanagh, Alison Denvir, entre outros) xunto con Christian D. Staerke, un danés que leva máis de 25 anos participando en recreacións históricas viquingas ó longo de toda Europa.
Tamén participan as asociación viquingas ULF Klan (Ourense) e Cigarróns Viquingos (Verín) ademais da Asociación Torre del Homenaje (Valladolid).
O peso organizativo recae no Concello do Vicedo, que conta coa axuda e o desenvolvemento artístico da compañía Queiman e Pousa.
Este festa conta cun mercado de postos de comida e artesanía moi variado no que destaca a presenza da Pulpería Mario de Viveiro.
O actor Serxio Pazos será o pregoeiro, o venres 26, ás 20.30 horas, e ademais dará o pistoletazo de saída xunto co tamén actor Ruben Riós (Cigarróns Viquingos) da batalla posterior ó desembarco, que comezará ás 12.00 do sábado 27 e dende ese momento continuarán unha serie de actividades, como o espectáculo de lume nocturno e os enterros dos caídos.