Skip to main content
ActualidadeBurela

A romería do Monte Castelo de Burela desfruta dos seus días de festa principais

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios


A orquesta Canela amenizará a sesión vermú deste sábado 27 de xullo na romería burelesa de Monte Castelo, pero tamén haberá pasarrúas a cargo da agrupación Arume. A tarde vaise adicar ao concurso de casetas, ao campionato de tute, a xogos para nenos e a un obradoiro de reciclaxe antes de rematar o día coa verbena a cargo dun disc jockey e de novo, o grupo Canela.
O último día, o domingo 28 de xullo, haberá misa con procesión na honra da Nosa Señora das Marabillas e ás dúas da tarde, actuará o dúo Zafiro.
A asociación de Amigos do Monte Castelo e o Concello organizan a festa que conta coa colaboración de Absa, a asociación Ledicia, a Parrillada de Jandro e coa Mancomunidade de Montes de Burela, entre moitos patrocinadores.