Skip to main content
ActualidadeAlfoz

Deceas de pintores danse cita no maratón de Alfoz

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios

O castelo de Castrodouro de Alfoz é o escenario elixido por cuarto ano para o maratón de pintura no que participan deceas de pintores, cunha categoría infantil de ata 16 anos e outra sénior. O motivo que retratar é calquera punto do concello alfocense, mediante técnicas e medios libres.
O maratón foi todo o sábado 27 ata máis aló das seis da tarde e aínda que o castelo é o eixe respecto do cal partir, os pintores podían situarse en calqueira rincón da municipalidade.
Os traballos tras ser entregados sométense á valoración do xurado, ao mesmo día, e logo van ser expostos. Hai tres premios por categoría e tamén galardóns ao mellor pintor local en cada modalidade, sénior e infantil.
Os traballos poderán ser expostos no concello en distintos locais ata acabado o ano.