Skip to main content
ActualidadeCervo

O Festival de Sargadelos en Cervo vive as súas xornadas máis intensas

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios

Sargadelos acolle dende o pasado día 24 e ata este 27 de xullo un Festival multidisciplinar que contará con actividades pensadas para todos os públicos.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez Pernas, e por unha representación da Asociación Cultural Amigos da Troula, que coorganiza a actividade.
O sábado 27 continúan as actividades de emprendemento con un obradoiro de motivación empresarial de 10  a 13.00 horas, unha charla networking sobre industria alimentaria ás 13.00 horas e unha cata de cervexas artesás a cargo de A Ribeira, acompañada dunha degustación de produtos do Mar, a cargo de Currimar Conservas Tradicionais; ás 14h durante o concerto de Crooner 432. 
Pola tarde os obradoiros de robótica e atrapasoños poñen o punto e final ao programa de emprendemento e deixan a testemuña aos concertos de Batuko Tabanka, Eu Son Band, Sintrom Ni Son, The Tetas Van, Ricky Hombre Libre e Ortiga. Pechará a noite unha disco móbil.
O sábado pola mañá haberá tamén un posto de sensibilización ambiental onde se farán actividades de concienciación co medio ambiente e a importancia da conservación patrimonial.
Villares quixo poñer en valor o esforzo e a dedicación “deste grupo de rapaces do noso Concello que, de xeito totalmente altruísta, lograron completar un programa que nos fará desfrutar, de seguro, a todos”.