Ribadeo agradece que a Xunta non permita instalar un salón de xogo

A Xunta ven de comunicarlle ao Concello de Ribadeo que o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, resolveu desestimar a solicitude de autorización de instalación dun salón de xogo na avenida de Asturias, en Ribadeo, baseándose no artigo 67.6 do regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 72/2019, por superar o límite máximo fixado polo Consello da Xunta de Galicia. 

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “se tivo en conta a posición do Concello contraria a este tipo de negocios. Nin en Ribadeo nin en Galiza se deben aceptar estes negocios de economía de Casino. A única economía que debe mover o mundo é a produtiva, non a especulativa”.

O rexedor valora de xeito positivo a decisión adoptada pola Xunta de Galicia. 

Etiquetas