Xacarandaina actúa hoxe en Mondoñedo

A Consellería de Cultura e Turismo achega a través do programa “Cultura no Camiño” novas actuacións que complementan a axenda cultural desta fin de semana nos concellos de Mondoñedo,  Fonsagrada e Pantón.

A iniciativa da administración autonómica financia cunha achega de 2.500 euros, para cada acto, obras de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, escollidas polos concellos situados nalgunha das rutas xacobeas, como é o caso dos tres citados. Todas as actuacións son de acceso libre e gratuíto.

En Mondoñedo a cita é este sábado 27, a partir das 12.30 horas no barrio dos Muíños, onde terá lugar a actuación do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina. Será no marco da feira de artesanía que se celebra neste singular barrio mindoniense e na que contarán, como actuación previa, co pregón do actor e humorista Xosé Antonio Touriñán.

 

Etiquetas