Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Os concellos da reserva da biosfera do río Eo xúntanse para mellorar a comarca

Por 28 Xullo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A asociación de municipios, sete asturianos e sete galegos, que integran a reserva do río Eo, Oscos e Terras de Burón, reanudou as súas actividades de cara a decidir accións coas que mellorar esta comarca fronteiriza.
As primeiras xuntanzas tiveron lugar nos Oscos, así como tamén en Trabada, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Baleira. Está previsto que haxa máis encontros en Taramundi, Castropol e San Tirso de Abres e xa para rematar, en Negueira de Muñiz e A Fonsagrada.
Estanse propoñendo medidas adaptadas a cada concello e orientadas a dárlle máis sentido á asociación e á propia reserva. Os alcaldes transmitiránlles ás distintas corporacións municipais e aos distintos sectores empresariais, industriais, turísticos, etc. que recopilen información para ser tratada e debatida nunha xuntanza de alcaldes que terá lugar en setembro.
De cara a outono deseñerán un proxecto para ir concretando as melloras para este espazo. Nas fotografías adxuntas pódese ver ao alcalde de Vegadeo, César Álvarez, como presidente de InterEo, xunto ao rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez, e a alcaldesa de Trabada, Mayra García.