O Foz Market celebrarase do 14 ao 18 de agosto na explanada portuaria

Do 14 ao 18 de agosto terá lugar na explanada portuaria unha nova edición de Foz Market. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto. O evento, que foi presentado no Concello, ofrecerá ademais das xa tradicionais food trucks, dez concertos de música en vivo, actuacións dun dj e unha zona para nenos. 

A primeira tenente de alcalde do Concello de Foz, Inés López, manifestou que “desde o Concello estamos moi contentos de que todos os anos se realicen actividades novas que lle dean ao turismo de Foz opcións diferentes ás que temos no pobo e que se poidan probar nas diferentes food trucks novas comidas. Invitamos a todo o mundo, tanto habitantes de Foz como aos foráneos, a que asistan para que poidan pasalo ben e estar un rato en familia e entre amigos aquí en Foz”.

O alcalde focense, Fran Cajoto, dixo que “é unha edición que achega a comida á rúa con eses camións que están tan de moda, as food trucks. O que interesa é facer un espazo e invitar á xente a saír da súa casa e que siga vindo a Foz nesas datas onde xa pasou o San Lourenzo, o punto forte do verán, para que continúen acudindo á vila e promocionala dalgunha maneira. É un espectáculo moi interesante porque ademais de comida hai música en vivo, ata dez concertos, un dj e unha zona para os rapaces para que deixen aos seus pais tamén uns minutos e que poidan disfrutar da festa. Estamos moi contentos de colaborar desde o Concello e seguir traendo cousas a Foz que é moi interesante”.

Desde a organización de Foz Market, Ángel Rojo, explicou que “es la octava edición que hacemos este año. Es la continuidad de la feria de muestras multisectorial que hacíamos antes, que se convirtió ahora en el festival de food trucks de Foz, y es del 14 al 18 de agosto inclusive. Son cinco días y dentro de la programación tenemos una serie de conciertos de diferentes grupos de música, en lo que estamos trabajando ahora. También tendremos la zona infantil y seguiremos en la línea de otros años”.

Pola súa banda, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, sinalou que “son xa oito os anos que levamos desde a feira multisectorial e Foz Market dinamizando a segunda quincena de agosto na nosa vila e presentando unha oferta diferente para a xente que se poida achegar a Foz”. 

Etiquetas