Skip to main content
ActualidadeViveiro

A carreira nocturna de Viveiro congregará a centos de atletas

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

Viveiro acollerá o 8 de agosto, a partir das 21:30 horas, con saída dende a Praza Maior, a quinta carreira nocturna Todos con Adry que terá varias categorías, por exemplo, a de pitufos, para os nados en 2012 ou despois, a sub10 e así ata chegar a absoluta. Quedan polo momento 182 prazas libres. A distancia é de 5.000 metros.
A inscrición pode formalizarse do 17 de xullo ao 6 de agosto por un prezo de cinco euros e o día antes, por un custe de dez euros. Aínda que é de balde para categorías inferiores. No caso de apuntarse no mesmo día da competición, cobrarase 3 euros para os nenos e dez para os adultos.