As praias vivarienses de Area, Covas e Sacido dan unha excelente calidade da auga

A clasificación sanitaria final das zonas de baño na temporada 2018, tras o control que periódicamente realiza a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, é de ‘excelente’ nos catro puntos de mostraxe analizados no noso concello: Area, Covas (esquerda e dereita) e Sacido. Para a concesión deste resultado esíxese que ninguna das analíticas realizadas ao longo dos últimos catro anos dese un resultado negativo, polo que se pode considerar que esta clasificación é unha mostra máis da grande calidade dos areais e das súas augas, segundo a alcaldía.

Este resultado permitiría, ademais, que o vindeiro ano se puidera solicitar a Bandeira Azul tamén para a praia de Covas; dende o Concello de Viveiro existe vontade de realizar os trámites correspondentes para poder obter un novo certificado de calidade para este areal e os técnicos municipais están a valorar as necesidades para a súa tramitación.

Por outra banda, cabe salientar que comezou a prestación do servizo de socorrismo na praia de Covas, despois de que o concello realizase diversas xestións para poder dispoñer de socorristas tamén neste areal, tendo en conta que inicialmente non foi posible cubrir a totalidade de postos ofertados por este concello -por falta de candidatos presentados- para prestar este servizo dende principios de mes.

 

Etiquetas