Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

Mondoñedo axuda a subvencionar o amaño das fachadas das vivendas

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo subvenciona o adecentamento de fachadas para vivendas dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Casco Histórico e os barrios de San Lázaro e Os Muíños. 
Así o anuncia a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que estas axudas, que se conceden en réxime de concorrencia non competitiva, e se inclúen nos fondos do Galicia Parabéns, dispoñen dun orzamento total de 30.265 euros, aportando a entidade local o 40% do custo das actuacións subvencionables para pintura de inmobles e con materiais tradicionais. 
Segundo esta premisa, e malia que a contía máxima que percibirán os beneficiarios, en calquera dos casos, será de 5.000 euros, poden recibir o 80% do custe da actuación ao seren subvencións compatibles, segundo remarca Candia, coas axudas de rehabilitación. 
As bases, que amparan a súa concesión, publicaranse no Boletín Oficial da Provincial e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello: https://mondonedo.sedeelectronica.gal
Polo que respecta á presentación de solicitudes, estas deberán dirixirse á Oficina de Rehabilitación e presentaranse no Rexistro Xeral da entidade local. 
O prazo para formalizalas comeza o día seguinte ao da publicación no BOP e manterase aberto ata o 15 de outubro de 2019. 
A rexedora local convida aos residentes nestas zonas a “animarse a pedilas”, pois esta iniciativa, que impulsa o Concello, constitúe “unha boa oportunidade para embelecer a nosa cidade”.