Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo invita a ir de sendeirismo e ás patronais do 3 ao 4 de agosto

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

O mércores 31 a partir das 10.00 horas, na praia de Xilloi, O Vicedo invita a participar no seu ‘Mércores de natureza’, que consiste nunha ruta de sendeirismo entre a praia de  Xilloi e o porto do Barqueiro, de 9 km e regreso en kayak por mar,  pasando polas praias de Arealonga, Vidreiro, Caolín e Xilloi. O prezo por participar e de 17 € se se participa nos kayaks. Se só se fai sendeirismo a actividade é gratuita.
E cara ao fin de semana son as festas patronais do Vicedo, o venres e  sábado no Vicedo e o domingo na praia de Xilloi. Trátase das festas patronais de San Esteban que se festexan os primeiros fines de semana de agosto e consisten en tres xornadas festivas. Na última delas, os participantes van á praia de Xilloi a desfrutar do seu entorno.