Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada loita por evitar o peche da aula de Infantil atraendo a familias de fóra

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Trabada, Mayra García, e o seu equipo de goberno socialista deben decidir cal será a segunda familia que ocupará unha das dúas vivendas ofertadas polo Concello para que parellas con nenos pequenos se instalen no municipio e, ao escolarizar os seus fillos, eviten o peche da aula de Infantil do colexio público, que pecharía, se non, por falla de alumnos.
A rexedora, a directora do centro e a traballadora social determinarán cal das dúas familias cumple os requisitos para ocupar a segunda vivenda equipada e ofertada en Trabada.
Cunha desas familias, acadaríanse os seis alumnos de infantil matriculados no colexio, de xeito que a Consellería de Educación tería que volver habilitar a aula que suprimiu por falta de cativos.
A primeira familia seleccionada trátase dunha parella de Senegal, con residencia dende hai anos na Coruña, que se mudará a Trabada cos seus tres fillos. Pero a localidade conta con outras cinco vivendas sen equipar.
Coa familia de Senegal, son catro os matriculados en Infantil, xunto cos dous nenos que xa había, polo que aínda sería necesario que se matricularan outros dous para manter a aula no colexio da localidade. Tras lanzar a oferta hai unhas semanas, foron unhas 30 familias as que se puxeron en contacto con Trabada desde diferentes puntos de España. A idea é que a segunda familia que sería seleccionada se empadrone e escolarice aos seus fillos menores o antes posible no municipio para recuperar a aula de Infantil antes de que comece o curso.