Skip to main content
ActualidadeTrabada

Trabada pasa un verán entre títeres e actividades acuáticas

Por 30 Xullo, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Trabada, Mayra García, anunciou as actividades que hai para o verán durante o mes de agosto e que comezan o domingo, día 4, ás nove da noite na casa da cultura, cunha escenificación teatral contra o acoso escolar, titulada ‘Eres único’ e posta en escea por integrantes da Asociación de axuda ao enfermo mental da Mariña. E o periodo estival virá marcado tamén polos títeres e as actividades acuáticas.
Así, o domingo día 11 de agosto, ás nove da noite, a casa da cultura albergará o espectáculo de títeres Tanxarina, ‘A galiña azul’.
O xoves, 15, case en plenas festas patronais trabadenses, ás seis da tarde haberá inchables no campo de fútbol, ademais dun tobogán deslizador e outras probas de obstáculos. Ao día seguinte, na praza do Concello poderá desfrutarse da maxia de Mago Paco, pero tamén haberá un pasarrúas máxico.
O sábado 17 de agosto, ás dez da noite na praza do Concello, exhibirase o filme ‘Campeones’, ao aire libre e domingo 18, A Gramola Gominola ofrecerá un concerto ás nove da noite no mesmo lugar.
E xa para rematar, o sábado 24 de agosto, ás catro da tarde no río Eo, no campo da festa de Ría de Abres haberá toda unha serie de actividades acuáticas.