Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A festa do percebe de Rinlo recibe case 5.000 euros dunha axuda

Por 31 Xullo, 2019Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, salienta o apoio do Goberno galego que preside Feijóo á Festa do Percebe de Rinlo coa achega de 4.800 euros para financiar distintos aspectos da celebración que terá lugar o vindeiro sábado 3 de agosto.
Vega pon en valor, polo tanto, “a xestión que levamos a cabo dende o Grupo Popular e que fixo posible contar coa colaboración da Xunta para continuar a celebrar a festa de exaltación deste produto local que fai aínda máis grande ao lugar porque o nome de Rinlo xa se vincula co seu percebe e o percebe, con Rinlo”.
Neste sentido, durante o acto de presentación no que tamén participou a concelleira popular de Economía, Desenvolvemento local e Turismo, Begoña Sanjurjo, xunto ao xefe territorial de Pesca, Pablo Fernández Asensio; Daniel Vega quixo agradecer á organización a través dos membros presentes “o traballo desenvolto para levar a cabo unha festa para tódolos veciños e veciñas e tamén para os visitantes da comarca mariñá”. De feito, os populares remarcan “o atractivo turístico desta festa do percebe de Rinlo”.