A historia de emigrantes ouroleses porase sobre o tapete nas xornadas de historia local de Ourol

As segundas xornadas de historia local de Ourol, abertas ao público, serán os días 7 e 8 de agosto no multiusos do Concello e contarán ás sete da tarde, coa inauguración do profesor Mario Saavedra, especialista en lingua inglesa, galega e castelá, que abordará nunha charla-coloquio varios asuntos e presentará o libro ‘Cruceiros, cristos, cruces e outros monumentos de Ourol’. Os emigrantes ocuparán tamén un lugar destacado neste simposio.

O xoves día 8 de agosto, Emilio Xosé Ínsua, profesor de lingua e literatura galega fará unha introdución á presentación da obra de José Manuel López Chao e pouco despois, ás sete e media do serán, será o propio autor desa publicación, que é enxeñeiro técnico industrial, quen disertará sobre o libro titulado ‘José María Riguera Montero e Manuel Riguera Montero, dous emigrantes das montañas de Ourol e Muras’.

Etiquetas