Ábrese o prazo para matricular as categorías máis novas do Pescados Rubén Burela

Os pequenos/as amantes do fútbol sala, futsal, poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2019-20 a partir de mañá, martes 6, nas categorías de Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05).

Estableceranse dous períodos de matrícula con prioridade para aqueles nen@s que formaron parte da escola o curso pasado e teñen feita a preinscrición.

Respecto da confirmación de praza, pódese facer do martes 30 de xullo ao luns 5 de agosto; só para o alumnado preinscrito.

As novas inscricións, con prazas limitadas faranse do martes 6 ao venres 30 de agosto, destinadas a alumnado novo.

A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 97, entreplanta). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org//burelafs@burelafs.org.

Como novidade haberá a posibilidade de facer todo a través dunha APP da que se poderán informar con máis detalle a través de mail ou por vía telefónica (982581815).

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas:

Os chupetes, pagan 50 euros de matrícula e dúas cuotas de 35 euros, é dicir, 120 euros e os non asociados, 50 euros de matrícula e dúas cotas de 50 euros.

Os biberóns, se son socios pagan unha matrícula de 50 euros e 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros) e os non socios, aboan 2 cotas de 65 euros (Total: 180 euros).

Para a categoría prebenxamín e benxamín, o custe para o socio do club sería o da matrícula de 50 euros, máis dúas cotas de 65 euros (Total: 180 euros). O non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 80 euros (Total: 210 euros).

En canto ao alevín, infantil e cadete, o socio do clube abona 50 euros de marícula, máis dúas cotas de 72,5 euros (Total: 195 euros), mentres que o que non é socio, aboa unha matrícula de 50 euros e 2 cotas de 105 euros (Total: 260 euros).

Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo.

De Biberón a Cadete (165 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, roupa de adestramento (dúas camisetas e dous pantalóns curtos) e chaquetón.

Chupete (55 €): Nesta categoría o alumnado tan só deberá adquirir a roupa de adestramento.

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas

 

 

Etiquetas