Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo cede as competencias de Tráfico á Garda Civil

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo celebrou a Xunta Local de Seguridade, copresidida polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que tamén estiveron presentes a edil de Policía Local, Mali Méndez, responsables de seguridade do Concello, representantes da Garda Civil, do Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.

O alcalde valorou como moi positivo que Cervo sexa un dos concellos da provincia co índice de criminalidade máis baixo “un dato que imos mellorando ano tras ano e que nos convida a pensar que as cousas estanse a facer ben”. Estas cifras evidencian que Cervo
é un municipio seguro –engadiu- “pero non nos conformamos ata chegar ao 0; non estaremos plenamente satisfeitos mentras haxa un só acto delitivo no noso concello”

Un dos asuntos de interese que se abordou nesta Xunta Local foi a cesión das competencias de tráfico á Garda Civil. Así, Villares explicou que “lle demos traslado deste tema á subdelegada co obxectivo de ceder as sancións por infraccións de normas de circulación cometidas en vías urbanas á Garda Civil, cesión que será efectiva ao remate do verán”.

Villares precisou que este traspaso de competencias responde fundamentalmente a que cremos que é importante que “a Policía Local se centre nos labores de vixilancia e de cumprimento dunha ordenanza medioambiental que estamos a redactar”.