Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXALourenzá

O Atleti de Lourenzá presenta o primeiro equipo

Por 1 Agosto, 2019Sin comentarios

O venres día 2 de agosto, o Atleti de Lourenzá presenta o seu primeiro equipo no Cantón, a partir das nove da noite. Quen queira achegarse poderá facerse unha foto coas novas equipacións e venderanse camisetas e haberá tamén churrasco e festa.
O Atlético Lourenzá vén de renovar a tres piares básicos do club nas últimas tempadas, que acaban de firmar a súa continuidade co Atleti para estar no proxecto en Primeira Galicia: Iván Recalde, Montxo Seivane e David Cabaleiro, Garra. Todo de cara a consolidar o equipo en Primeira Rexional, namentres as escolas deportivas seguen medrando.