Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo ensalza cunha festa ao xamón cocido

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios

A Praza do Souto da localidade mariñá de Cervo acollerá este 3 de agosto a sétima edición da Festa do Xamón Cocido.

A cita está organizada pola Asociación Cultural Virxe das Dolores, coa colaboración do Concello de Cervo e o colectivo cultural Airiños do Xunco.

Serviranse racións de xamón, a cinco 5 euros cada unha e chourizos a 1,5 euros a unidade, desde as 12:00 horas, pola mañá; e desde as 19:00 horas, pola tarde.

A festa estará amenizada polo disc jockey FDB.