Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comeza a mostra internacional folclórica de Viveiro

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios

Este sábado, polas rúas, despregarase o denominado desfile das nacións, ás 12, no marco da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, se ben á noite, ás 22.00 horas, a mesma praza albergará o espectáculo ‘Arxentina’, a cargo do gran ballet deste país.

O domingo 4, na mesma praza vivariense terá lugar a gran gala internacional da 61 edición da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, ás 20.30 horas.

A gran cita continúa o luns, ás oito da tarde, na praza da Fontenova, con espectáculo infantil a cargo de Raquel Queizás. Eu son Band actuarán o mércores ás oito e media no mesmo lugar e o xoves, Los Indecisos ofrecerán un concerto na Praza Maior ás 00.00 horas despois da carreira popular nocturna, que leva o nome do atléta vivariense Adrián Ben.

O venres 9 de agosto, nos xardíns de Noriega Varela, inaugurarase a trixésimo sexta edición da Feira de Artesanía ás sete da tarde e ás dez da noite, na Praza Maior, a banda municipal de música actuará baixo a batuta de Isabel Rubio.

O sábado 10, os xigantes e cabezudos percorrerán as rúas acompañados da agrupación vivariense Bágoas da Terra e pouco despois, en torno ás 13.30, desfilarán as Pandereiteiras sen Fronteiras. Magín Blanco e a banda das apertas ofrecerá un concerto na Praza Maior ás 19.00 horas e ás 22.00, no mesmo lugar, actuará Carlos Bau e despois relevaráo a disco móbil Mafer.

Continúa a Mostra o domingo 11 cun pasarrúas, un deles chamado ‘Espera que vou mexar’, antes do festival de corais das 21.00 horas. Seguirán os desfiles polas rúas pero o luns 12 haberá unha proxección fotográfica ’60 minutos en negativo’ a cargo de Os Negativos.