O Osa do Mar de Burela traerá música alternativa do 14 a 17 de agosto

Son varias edicións as que levan certos particulares e voluntarios de Burela organizando un festival musical alternativo na localidade que este ano se vai desenvolver entre o 14 e o 17 de agosto por varios puntos da municipalidade.

No cartel figuran os nomes de Berta Franklin, Andhrea and the Black Cats, Brais Morán, Carolina Durante, Kokoschca, Las Hijas de ZP, Los Pontiaks, Zé Pequeno, Ortiga, Jinetes del Trópico ou Las Antonias, entre 25 artistas, como Breakin’ Bones ou Soulmacklein.

Haberá concertos durante todos os xoves e domingos de agosto. Comezando o 1 agosto con Forget La France no Hotel Nordés. O xoves 8 tocará Soulmacklein – Delahoja en A Marquesa Burela. O domingo 11 Laura LaMontagne na Casa da Avoa. O domingo 18 será a quenda de School – Tributo a Nirvana no Hotel Nordés. O xoves 22, Breakin’ Bones tocarán na Cerveceria Kiko. O domingo 25, The Old Project farao no Hotel Sargo. E xa por último o xoves 29 The Wireless pechará o mes na Casa Miranda.

As entradas están xa á venta en osadomar.com.

Etiquetas