Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O Valadouro vivirá a rapa das bestas de Santo Tomé o 4 de agosto

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios



Unha das citas más senlleiras dentre as rapas das bestas da Mariña lucense é a de Santo Tomé do Valadouro non montes homónimos dos que descenderán deceas de cabalos ata o curro onde serán marcados e onde se lles curtarán as críns.
Para repoñer forzas entre os participantes e os asistentes ao encontro, instalarase unha caravana con comida, a caravana La Chata, pero ademais distribuiranse degustacións gratuítas de hamburguesas e de chourizo de poldro.
A cita será de 12 a 15 horas e está organizada pola asociación de criadores de cabalos de Pura Raza Galega e conta co patrocinio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, o Goberno e a Xunta, así como co apoio do Concello.
Ademais de contar coa música do Dúo Estrellas, ao longo da tarde haberá concursos de cabalos, tanto de cabalos do país, como de equinos cruzados e ata de burros, con premios de 180 euros a repartir en cada categoría e con trofeo e 50 euros, na de burros.
Asemade o tiro á corda tamén terá premios para quen participe e homes e mulleres competirán no arrolamento de rolos.