Órrea celebra as patronais do 9 ao 11 de agosto

A parroquia riotortega de Órrea celebrará as súas festas patronais do 9 ao 11 de agosto, na honra de Santa Comba e San Antón.

As festas darán comezo o día 9 cunha churrascada a partir das 22.00 horas que estará amenizada polo díuo Eclipse. Os interesados en participar neste evento poden solicitar o seu ticket na Taberna de Montse.

O sábado 10 comezarán as celebracións coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra La Gira. Pola noite volverá actuar o mesmo gruño, que estará acompañado polo dúo La Hora Bruja.

O domingo as festas rematarán coa sesión vermú, que volverá a estar ao cargo de la Hora Bruja e trala celebración relixiosa ás 13.30 horas.

Etiquetas