Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Piden ao goberno local que fixe a pasarela das Catedrais e que desbroce a contorna da praia

Por 2 Agosto, 2019Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e concelleira popular de Medio Ambiente, Elena Sierra, lamenta “a falta de planificación que continúa a amosar o Goberno local na área de Medio Ambiente no entorno da praia das Catedrais en pleno verán”; xa que “a pasarela de madeira do seu paseo se atopa en malas condicións”. Condena, pois, “o seu nefasto mantemento” e sinala que isto se engade a que “a zona continúa sen rozar dificultando o aparcamento de vehículos, ademais de presentar unha imaxe lamentable”.

Os populares esixen ao Goberno local “medidas urxentes” para a reparación, ante o risco que supón para os seus usuarios, desta pasarela que empregan a diario moitas persoas: tanto veciños e veciñas que pasean pola zona disfrutando da nosa paisaxe coma os visitantes que se achegan a coñecer Ribadeo e, máis concretamente, a praia das Catedrais recoñecida como Monumento Natural pola Xunta de Galicia no 2005 e que, ademais, conta cun areal distinguido coa bandeira azul”.

Tendo en conta que “Ribadeo destaca polo sector servizos” e este se vincula ao turismo, para o Grupo Municipal Popular “esta deixadez” supón “unha falta de interese do Goberno local do BNG por dinamizar a economía local”. E, igualmente, condenan “a imaxe de abandono que proxectan estas deficiencias”.