San Cibrao ofrece un colorido Festival Folklórico

O Concello de Cervo convida a gozar do III Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, o sábado 3 de agosto, da man do Grupo Mistura de Liero

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros da asociación e compoñentes da sección infantil.

Na cita, que comezará ás 19:00 horas, participarán O Feitizo (Foz, Lugo), Garrulaxe (Cecebre, A Coruña), Coros y Danzas Virgen del Socorro (Tíjola, Almería) e o anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

ANTES O INTERNACIONAL. Este venres, 2 de agosto, o grupo Mistura de Lieiro, en colaboración co Concello de Cervo, organiza o Festival Folklórico Internacional na Praza dos Campos de San Ciprián, que precederá ao Festival Infantil do sábado 3 de agosto.

A partir das 20:30 horas actuarán os grupos:

Gran Ballet Sama (Sri Lanka)
Vocal and Dance Ensemble Belgorie (Rusia)
Coros y Danzas Virgen del Socorro (Tíjola, Almería)
Grupo Folklórico Mistura de Lieiro

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.

Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións infantís, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

Etiquetas