Catro orquestras amenizarán as festas de Ourol

As festas patronais na honra da Nosa Señora celebraranse en Ourol do 9 ao 15 de agosto e actuarán catro orquestras, se ben comezarán coas xornadas de historia local, previamente, os días 7 e 8, en horario de tarde e na casa da cultura.

O venres 9 de agosto comezarán as festas cun pregón ás 20.30 horas da tarde, unha cea popular e verbena da orquestra La Torre na praza do Concello.

O alcalde, José Luis Pajón, lembra que o Concello organiza as festas e anima a participar na cea popular que terá lugar na carpa situada na praza do Concello o venres, día 9, a partir das nove da noite. Os interesados en acodir pódense anotar ata o 5 de agosto nas oficinas municipais ou chamando ó teléfono 982.55.91.09. Para asistir ao convite é imprescindible entregar unha tarxeta que se deberá recoller en instancias locais.

As formacións Los Supremos e o trío Blanca Doble amenizarán a verbena do sábadeo 10 e xa o domino será o día da misa solemne e da procesión co acompañamento musical de varias formacións, cunha sesión vermú prolongada no campo da igrexa coa actuación de Alegría.

Está por ver se o veciño do barrio da Ponte, na Lagoa, organiza a mediados de agosto, normalmente polo 18, a festa da malla.

 

Etiquetas