Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Abre en Xove o domingo unha exposición de modelismo naval

Por 4 Agosto, 2019Sin comentarios

Este domingo abre en Xove unha interesantísima exposición de modelismo naval. Conformada por 15 barcos de distintas clases e épocas, trátase dun traballo realmente exquisito, froito do talento e de moita paciencia, xa que esta é unha clase de actividade que require moito esforzo e maña, posto que moitas das pezas que conforman os barcos teñen un tamaño mínimo, e deben ser reproducidas coa maior fidelidade posible.

 O autor das maquetas é o celeirense Severino Balseiro, que expón por primeira vez en Xove o seu interesantísmo traballo. 

Severino, nado en Celeiro en 1955, adícase a esta actividade dende o ano 2000, adicándolle entre 2 e 8 horas diarias a esta actividade. Lóxicamente, trátase dun hobby;  Severino está retirado e non cobra por esta actividade. As maquetas son da súa propiedade e non están en venta. Son dalgunha maneira os seus outros fillos e familiares; neste sentido, decir que algúns dos barcos levan o nome dalgunha das súas persoas máis queridas.

A exposición, que leva o títuloExposición de barcos estáticos e navegacón de radio control’, vai estar aberta diariamente do domingo 4 ao domingo 11 de agosto,  ámbolos dous días incluídos. Os horarios de apertura, son: o domingo, 4 de agosto, de 17 a 21 horas, dende o luns día 5 ao 10 de agosto, de 10 a 14 horas e o domingo 11 de agosto, de 11 a 13.30 horas.

A exposición está montada na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Turismo de Xove, ubicada na Avenida Deputación.

Dentro desta exposición tamén imos ter unha exhibición de barcos radio controlados na Piscina Municipal de Xove, que se vai desenvolver a partires das 21.00 horas do venres 9 de agosto, con entrada totalmente libre.

A organización desta exposición corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Xove, se ben os interesados poden chamar tamén ao teléfono656 64 69 54.