Noventa parellas daranse cita no oitavo open de pádel Ditram Axa de Ribadeo

Noventa parellas vanse dar cita no oitavo Open de Pádel Ditram Axa, que se celebrará do 5 ao 11 de agosto na vila ribadense. O encontro está organizado polo Pádel Club Ribadeo e xa están pechadas as inscricións.

O Open vaise disputar nas categorías 1ª, 2ª e 3ª masculina, 1ª e 3ª feminina e mixta.

Os premios consistirán en material deportivo para todos os finalistas e haberá un sorteo de regalos no acto de entrega.

Pádel Club Ribadeo organiza este Open co patrocinio e a colaboración de Ditram A Mariña en Foz, Axa GT en Ribadeo, Burela e Viveiro, Multitrasteros Ribadeo e Gestión Gratelu.

 

Etiquetas