Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O torneo San Cristovo de Alfoz enfronta a Lourenzá, Viveiro e Burela nun triangular

Por 4 Agosto, 2019Sin comentarios

O campo municipal de Alfoz acollerá o vindeiro 4 de agosto a loita polo trofeo San Cristovo que enfrontará ao SD Burela, cos das Escolas Deportivas de Lourenzá e os do Viveiro CF nun triangular que terá lugar ás 18 horas.

Aparte, este ano os alfocenses estrean unha nova ferramenta para o pago dos carnés de socio do CD Alfoz. Desta vez podedes facer o pago dun xeito cómodo e rápido a través desta app. O pago pódese realizar domiciliando o pago ou ben como unha compra a través da internet. Só hai que seguilos pasos e xa teredes o voso carné de socio para a tempada 19-20. Isto non quere dicir que non se dispoña da tarxeta de socio, a cal se lles entregará aos socios cando comece a competición.

Animan a asociarse á entidade xa que o abono de 40 euros para o socio xeral permite descontos en viaxes e ceas por exemplo, e o socio protector, que paga 60 euros, desfruta de descontos e da cea de Nadal gratis.