Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O concurso de castelos de area será a última actividade lúcida de agosto no Vicedo

Por 5 Agosto, 2019Sin comentarios

O Vicedo é unha das localidades da Mariña máis visitas durante o verán pola espectacularidade da súa costa, con atractivos como o penón cada vez máis afamado de Fuciño do Porco, pero as súas praias, concretamente a de Abrela, son escenario de concursos como o de castelos de area do vindeiro 23 de agosto, ás catro e media da tarde.

Dende o Concello animan a acodir e apuntarse para poder crear esas esculturas efímeras que en poucas horas se leva o mar. Haberá premios para as categorías de infantil, xuvenil e adultos. A este certame concurren participantes non só da Mariña, senón de fóra que veñen a propósito para este concurso de castelos na area.

Coa a devandita actividade rematará o programa cultural do Vicedo previsto para o mes de agosto na que predominan as actividades de natureza, como ven sendo habitual nos meses de verán destes últimos anos. Os mércores de natureza deste mes marcados fundamentalmente polas actividades acuáticas en kayak e a segunda edición da xeorruta (neste caso en Ponte Segade). Tamén continuarase coa exitosa ruta nocturna.

A penúltima das actividades estivais será un maratón de tenis de mesa que se disputará o 21 de agosto a partir das 19 horas, na casa da cultura, dirixido aos maiores de 14 anos, con trofeos para os tres primeiros clasificados.