Pecha por vacacións o servicio de préstamo na biblioteca de Ribadeo

dav

A Biblioteca Pública Municipal ‘El Viejo Pancho’, de Ribadeo, manterá pechado por vacacións o servizo de préstamo do 19 ao 30 de agosto. Por este motivo, a responsable do centro pide desculpas polas molestias ocasionadas. Desde a Biblioteca ribadense subliñan que poderán facerse devolucións de luns a venres de 9:30 a 12:30 horas.

Cabe lembrar para os interesados en solicitar algunha obra que ao outro lado da ría, en Castropol, contan coa biblioteca Menédez Pelayo e outra en Figueras.

Etiquetas