Quince acuarelistas expoñen no castelo de Alfoz

O castelo de Castrodouro de Alfoz acolle dende o 27 de xullo unha exposición de acuarelas que se pode visitar de martes a domingo, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, se ben o resto do tempo pódese solicitar unha cita para poder visitala chamando ao 982.55.80.01.

Expóñense traballos de acuarelistas coma Rosa Manzano, de Asturias, de Pablo Méndez de Ourense, Manuel García, de León, Óscar García do País Vasco, Margarita Santiago, de Pontevedra, María Teresa Gobernado, de Valladolid ou Olga López de Lugo, dun total de 15 artistas.

Etiquetas