A escola municipal de música da Pontenova inscribe para o novo curso

A escola municipal de música da Pontenova comezará en setembro un novo prazo de matrícula ata agotar as prazas dispoñibles para o curso que vén. Os interesados en aprender algunha das formacións musicais que se imparten no centro ubicado na casa da cultura pontenovesa poden inscribirse nas oficinas municipais, en horario de mañá, ou polas tardes na mesma escola musical.

Entre as especialidades que se poden escoller figuran a de linguaxe musical, armonía e conxunto instrumental, acordeón, gaita, diversos instrumentos de percusión, guitarra española e eléctrica, baixo, piano e tanto canto coral pensado para os adultos, como canto de pop e de rock.

O prezo é de 20 euros por materia, excepto en coro cuxo custe é de 12 euros. Asemade hai prezos reducidos no caso de matricularse en varias modalidades ou se o fan varios membros dunha mesma familia.

 

Etiquetas