Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo dá a coñecer o programa das festas da Maruxaina, cuxo día grande será o sábado 10 de agosto

Por 6 Agosto, 2019Sin comentarios

O programa das festas da Maruxaina de Cervo xa se ten dado a coñecer de xeito que a festividade arranca o xoves, 8 de agosto, coa presentación do libro ‘María na busca da liña do horizonte’ de Esther López Castro, no Museo do Mar, organizado pola asociación Amigos da Maruxaina.

Ao día seguinte, ás 19 horas, producirase o chupinazo co que comezan as festas chamando a todos os participantes a presentarse na prazoleta para iniciar os actos festivos. Cinco minutos despois daráse o que se denomina concentración de maruxainos para encher o bandullo que non é outra cousa que degustar a prezos módicos empanadas galegas e bolos ‘preñados’. Ás 21 horas, a organización vai nomear a un maruxaino de honra.

O sábado 10 de agosto, ás 11 horas, dáse o gran chupinazo coas charangas e gaiteiros polas rúas e pouco despois, e ata ás 14 horas, haberá un obradoiro de artesanía para todas as idades na praza dos Campos. Ás 12 horas, os participantes engaiolarán á Maruxaina ou á serea que será xulgada na festa.

O sábado continúa cun fotomaratón maruxaino, ata ás 18 horas e despois, con xogos na  praia, como os da carretilla, a corda ou as carreiras de sacos. Ás 23 horas producirase o desembarco da Maruxaina na praia do Torno. Os mariñeiros tráena para terra despois de capturala no mar, mentres outros, con sinais luminosos, van orientándose dende Anxuel para chegar á beira do areal e durante o traxecto, os asistentes desfrutan dun espectáculo de fotos de artificio. Ás 00 horas, á serea cervense será xulgada polo pobo, nunha representación a cargo de veciños e rodeada de gaiteiros, mariñeiros e o grupo de baile e o do teatro. Vana levar á praza dos Campos, para que todos podan vela e bailar con ela antes da gran queimada popular, que se repartirá de balde entre todos os que adquiriron a cunca deste ano. A festa rachada continuará de madrugada coas orquestras Arizona e La Bamba.

A festa é posible grazas á colaboración da asociación de Amigos da Maruxaina, do CIT de San Cibrao e das mulleres sancibrenses, entre outros organizadores e patrocinadores.