Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O campamento de verán de Trabada prima ás familias numerosas e aínda podería haber vacantes

Por 6 Agosto, 2019Sin comentarios

A alcaldesa, Mayra García e a tenente de alcalde, Julia María Barcia, visitaron aos nenos que participan no campamento de verán que organiza de xeito gratuíto o Concello.

Este é un programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades, indica a Alcaldesa e naceu co obxectivo de poñer en  marcha o programa de conciliación laboral e familiar a través dos Campamentos de Verán que organiza o Concello nas instalacións municipais, como unha medida responsable que evite a despoboación, fomentando a natalidade e mellorando a situación educativa dos nenos e nenas do municipio como principal riqueza de calqueira sociedade moderna.

Así este ano, con unha clara intención de protección social, preténdese dar prioridade ás familias numerosas e ás familias nas que os dous proxenitores traballen, garantindo desa forma que teñan acceso as familias que máis necesiten este servicio en función da súa situación sociolaboral e ocupacional, ao tempo que reservamos un 20% das prazas para aquelas unidades familiares, con historia aberta en servizos sociais, que trala valoración dos/as técnicos/as dos Servizos Sociais, dentro dos seus proxectos de intervención, se estime aconsellable a súa asistencia ao programa, porque precisamente este  programa de conciliación laboral e familiar precisamente o que promove é servicios de atención e coidado a menores coa finalidade de compatibilizar o perído non lectivo coa xornada laboral dos proxenitores. 

O servizo está dirixido aos nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2015, empadroados/as no Concello de Trabada, dando prioridade ás familias numerosas ou ás familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do servizo.

En caso de empate terán preferencia aquelas familias na que ambos proxenitores traballen e de seguir o empate terán preferencia aquelas familias que teñan escolarizados os seus fillos/as no CEIP Celso Currás.

E finalmente, no caso de quedar prazas vacantes, tamén poderán participar, nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 3 de decembro de 2015, que non estén empadroados/as no Concello de Trabada pero que como mínimo, un dos proxenitores teña a actividade laboral no Concello ou que teñan empadroados familiares hasta o segundo grado de consanguinidade ou afinidade.