Viveiro anima aos veciños a solicitar axudas da Xunta para rehabilitar vivendas

O Concello de Viveiro lembra que o Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou o día 30 de xullo de 2019, a resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se convocan para o ano 2019, con carácter plurianual. 

A finalidade destas subvencións é manter as vivendas unifamiliares , edificios de vivenda colectiva e vivenfas dentro destes edificos, tanto en ámbitos urbanos como rurais, en óptimas condicións. Para o cal se outorgan subvencións de deferente índole, sempre relacionadas cos obxetivos indicados. Algúns exemplos son actuacións nas envolventes dos edificios, instalación de ascensores,  actuación nas instalacións para aforro enerxético, adaptación de vivendas……

O importe das axudas variará en función do tipo de obra, da características da vivenda e da situación do solicitante.

O prazo de solicitude remata o día 30 de agosto de 2019.

Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como que as vivendas sexan vivenda habitual, e non ter débedas coas administración; entre outros.

Lembrar tamén que o pasado 2 de xullo, publicáronse as bases e a convocatoria dunha nova axuda destinada a facilitar a adquisición de vivendas en centros históricos de Galicia, como é o caso de Viveiro. Esta nova axuda vai destinaa a menore sde 35 anos.  

Para máis información e para tramitar as solicitudes da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968. 

Etiquetas