Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove dá a oportunidade de coñecer a illa de Ansarón en barco os días 10 e 11 de agosto

Por 7 Agosto, 2019Sin comentarios

O educador ambiental do Concello de Xove acompaña a quen queira sumarse, a facer un fermoso paseo pola costa, para descubrir unha paisaxe insólita, os cantís de Morás e unha especial vista desde o mar. O monitor mostrará a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nesta costas.

En embarcación, as visitas pódense facer os días 10 e 11 de agosto. Concretamente, o sábado os horarios son de 16 a 17.15 horas, de 17.30 a 18.45 horas e de 19 a 20.00 horas.

O domingo os horarios abarcan dende as 10 ás 11.45, de 11.30 a 12.45 e de 13 a 14.00 horas.