Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Maruxaina obriga a cortar ao tráfico a avenida da Mariña de San Cibrao

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

Con motivo da celebración da Maruxaina terán lugar modificacións e restricións no tráfico rodado de San Cibrao. En concreto estará cortado todo o acceso rodado na avenida da Mariña, rúas Aduana, Campos, Torno, Beiramar, Caosa, Hospital, Miramar, Anxuela, Coto e Penamea; prazas do Lugar e Penal; e Zona do Porto de Arriba. Estes cortes terán a excepción dos vehículos con pase, de emerxencias, reparto e servizos municipais.

Desde o xoves, 8 de agosto, ás 23:30 horas, estará prohibido o estacionamento na avenida da Mariña, rúas do Torno, Beiramar e o aparcadoiro fronte á Casa do Mar.

As persoas residentes e aquelas que acrediten ter praza de garaxe nestas zonas poden solicitar o seu pase na Casa da Cultura ata mañá xoves, 8 de agosto, en horario de 9:00 a 15:00 horas.

Tamén teñen de prazo ata mañá para solicitar os taboleiros para comer na praia, a solicitude faise na Casa da Cultura.

Durante todo o día, amenizarán a festa polas diferentes rúas da vila, finalmente, os Gaiteiros de San Ciprián, Kilomberos de Monte Alto, Mekánika Rolling Band e a Charanga Mekánica e a Charanga Santa Compaña. No programa aparecía algún grupo que non poderá acudir.

Ademais, estará instalado un fotomatón na Praza dos Campos, en horario de 12:00 a 18:00 horas.

Haberá tamén diferentes talleres de artesanía na Praza dos Campos, entre as 11:00 e as 14:00 horas:

– Un obradoiro de coiro de María Jul

– Un obradoiro de mimbre de Idoia Cuesta

– Un obradoiro de cerámica de Pablo Mazoy (barro en vivo).

Os xogos tradicionais, terán lugar, como cada ano na Praia do Torno, ás 19:00 horas.

Este ano, na Maruxaina tamén se instalará na Praza dos Campos, pola mañá, un Punto Lila de información co obxectivo de sensibilizar e recordar á cidadanía que nas festas a igualdade e o respecto deben estar sempre garantizados.