O venres 9 presentan ao Spórting Pontenova

O Spórting Pontenova preséntase ante aos seus veciños e afición o vindeiro 9 de agosto, a partir das oito horas do serán no campo da Mina.

Baixo o lema de que o ‘Spórting somos todos’ inician a tempada 2019 e 2020 presentando aos seus cinco equipos, os das categorías benxamín, infantil, xuvenil, sénior e ao veteráns.

En canto aos prezos da tempada, o socio individual paga 30 euros, mentres que o familiar aboa 50 euros e o socio protector aporta 90 euros á entidade. Para máis información, os interesados pódense poñer en contacto con membros da directiva no teléfono 699.818.091.

Etiquetas