Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Tres corais actuarán na Praza Maior de Viveiro o domingo 11

Por 8 Agosto, 2019Sin comentarios

O domingo 11 de agosto, na Praza Maior de Viveiro resoarán as voces de deceas de integrantes de tres corais que se darán cita no trixésimo quinto Festival de Música Coral da cidade, que comezará ás 21 horas.

Actuará por unha banda a Coral Airiños de Campañá cun programa que inclúe os seguintes temas, ‘La reina del placer’, ‘Amor galego’, ‘Nerea Izango Zen’ e ‘Mangwai m`’pulele’ e todos eles cantados baixo a dirección de Enrique Alberto Martínez.

A Coral Hospital Xeral-Calde de Lugo, dirixido por Fernando Gómez Jácome, presentarase coas seguintes cancións, como son ‘Terra meiga’, de Francisco A. Rey Rivero (1919-2012), ‘T’he mirat’, de Joan Fárras (1926-2015) e Francesc Vila (1911-1981), ‘Quen puidera namorala’ de LE.Batallán (1948) e Álvaro Cunqueiro (1911-1981) e ‘Negra Sombra’, de Xoán Montes( 1840-1899) e Rosalía de Castro (1837-1885).

E Cantar Delas acude a Viveiro cun programa que inclúe ‘Il ballerino’, de G.Gastoli, ‘Shto mi e milo’, dunha tradución de Macedonia, ‘Romance da lavandeira’, derivado dunha traducción galega con amaños de Fernando G. Jácome e ‘Do mar pola orela’, baseada na letra de Curros Enríquez e L.E. Batallán, con arranxos Julio Domínguez e todo elo baixo a batuta de Fernando Gómez Jácome.

Por último os anfitrións, da Coral Polifónica Alborada de Viveiro dirixida por Luis Vicente Fernández Prie, interpretarán ‘Sementeira’, deFuxan os Ventos, ‘El Menú’, de K. Zöllner e M. Arregui, ‘A mi manera’, deC. Francois eJ. Revaux e a canción popular ‘Catro Vellos Mariñeiros’.